Presentado aos grupos políticos o informe sobre a ordenación do borde litoral
O informe das conclusións dos traballos da Comisión Técnica Mixta para o estudo da proposta de ordenación da área portuaria de Bouzas foi entregada hoxe xoves aos grupos políticos para que o valoren e cheguen a un acordo sobre el.
A proposta, presentada pola Autoridade Portuaria, foi avaliada entre os meses de febreiro e xullo pola dita Comisión Técnica Mixta, na que participan a propia Autoridade Portuaria, o Concello e Portos de Galicia.
Así, a Comisión Técnica analizou as posibilidades de crecemento do porto de Vigo, no marco dunha visión estratéxica que lle permita manter a súa competitividade, tendo en conta o contexto do novo Plan Xerel de Ordenación Municipal de cara a unha expansión concordante co proxecto de cidade definido neste documento.
Entre os asuntos tratados no informe están a ordenación do borde litoral de Bouzas, a creación dunha zona de ocio en Guixar, a mellora da intermodalidade e accesibilidade da fachada marítima e as ampliacións do peirao de cruceiros e do porto deportivo.
Segundo o voceiro do Goberno local, José Manuel Figueroa, o informe da Comisión Técnica Mixta "cumpre as demandas do porto de Vigo", xa que potencia o turismo de buques, propicia a expansión do porto deportivo e habilita zonas para o trasnporte e o lecer.
Para os representantes do PSdeG-PSOE, Mauricio Ruiz, e do BNG, Henrique Viéitez, faltan por concretar aspectos como un plan de usos e de utilización do solo, a conexión ferroviaria con Bouzas e o impacto das actuacións propostas nas correntes e nos fondos mariños.
Pola súa parte, o portavoz do PG, Manoel Soto, apostou polo desenvolvemento do porto "en concordancia co crecemento industrial da área metropolitana de Vigo". Así mesmo, considerou necesario ter en conta proxectos como "Abrir Vigo ao mar" para liberar espazos no Areal, Guixar e no Berbés. Por último, Soto tamén botou de menos unha maior preocupación polo medio ambiente.
Os representantes dos grupos políticos volveranse reunir a próxima semana para presentaren as súas propostas sobre a ordenación do borde litoral.
Descargar todas as imaxes