xoves, 22 set 2005
José Manuel Figueroa anunciou hoxe xoves que o Goberno municipal, do que é portavoz, buscará a principios da semana que vén unha solución ao convenio asinado con Miraflores S.A. en 1992, polo que esta entidade cedeu unha parcela para o vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.
O "Plan Coia" comprende actuacións nos barrios de Coia, Balados e Espedrigada, coa execución de distintas obras
xoves, 22 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, desprazouse ,na mañá do xoves, a diversas zonas do barrio de Coia, Balaídos e Espedrigada, (cunha poboación de 29.579 habitantes), onde visitou as obras que o Concello está executando en distintos emprazamentos, entre eles as rúas Tui e Manuel de Castro, e anunciou que o Goberno municipal puxo en marcha un plan especial de mantemento no que investirá 2.232.198 euros ata finais de ano.
xoves, 22 set 2005
O Concello e a asociación "Ponte…nas ondas" asinaron un convenio de colaboración na salvagarda, coñecemento e protección do patrimonio inmaterial oral galego-portugués como obra mestra do patrimonio oral da humanidade.
xoves, 22 set 2005
O vindeiro sábado, 24 de setembro ás 20.00 horas, terá lugar a actuación da banda de música Freamunde, da localidade portuguesa de Paços de Ferreira, no entorno do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) da rúa do Príncipe. A banda de música Freamunde, integrada por sesenta personas, foi fundada no ano 1822, e dende entón mantén unha actividade ininterrumpida de cara ao ensino e promoción da cultura musical.
A charla completarase cunha observación do ceo nocturno na praza do Rei
xoves, 22 set 2005
O investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidente do grupo Shelios, Miquel Serra-Ricart, impartirá o vindeiro sábado, 24 de setembro, unha conferencia co título «Grandes espectáculos celestes: eclipses, auroras e chuvias de estrelas», que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 20.00 horas. Posteriormente, o relatorio completarase cunha observación do ceo nocturno na praza do Rei, na que participarán membros da Agrupación Astronómica "Rías Baixas" de Vigo.