Escoitar

Corina Porro entrevístase coa Conselleira de Sanidade, María José Rubio

A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe mércores no Concello coa conselleira de Sanidade, Maria José Rubio, e o secretario xeral desta consellería, Antolín Rodríguez. Nesta reunión abordáronse dous temas principais: a construcción do novo hospital e a posta en marcha de novos centros de saúde.

mércores, 21 set 2005
1127308510sani2.jpg
María José Rubio definiu o novo hospital como "o noso proxecto máis importante nesta lexislatura". A conselleira dixo que, se se cumpren os prazos previstos, esta infraestructura comezará a construírse no ano 2007 e entrará en funcionamento en 2010 ou 2011.

Con este novo hospital, o Xeral quedaría reservado para consultas e tratamentos que non requiran de tecnoloxía avanzada. Corina Porro asegurou que "o reto do novo hospital vai facer que traballemos moitas horas xuntas".

Pore outra parte, a alcaldesa, a conselleria e o director xeral de Sanidade trataron dos novos centros de saúde cos que se prevé dotar a Vigo. Destes novos centros, dous, os de Bouzas e Navia, considéranse prioritarios, polo que o Concello e a Consellería traballarán conxuntamente para axilizaren a cesión dos terreos necesarios.

Corina Porro e María José Rubio acordaron crear unha comisión técnica de seguimento na que participarán o Concello e a Consellería de Sanidade co obxectivo de desenvolver estas novas infraestructuras sanitarias.
1127308510sani2.jpg
1127308550sani1.jpg
Descargar todas as imaxes