Escoitar

A Concellería de Muller organiza os cursos participativos "Eu tamén sei"

A Concellería da Muller , en colaboración coas vogalías da muller das asociacións veciñais, organiza un ano máis o programa municipal de cursos participativos "Eu tamén sei", destinados á adquisición de novos coñecementos por parte das mulleres.

martes, 20 set 2005
1127227055lucia2009.jpg
A concelleira de Muller, Lucía Molares, dixo hoxe martes que con este programa o Goberno local está "apoiando a formación das mulleres de todas as idades". Os cursos, totalmente gratuítos, supóñenlle ao Concello un custo global de 120.000 euros.

Un dos obxectivos fundamentais deste programa é impulsar a formación e a participación social das mulleres de Vigo e fomentar, ao mesmo tempo, un espazo no que poidan participar e ao que poidan sentir como propio. Para iso, ofrécese unha variada serie de cursos, que vai desde o teatro ata a fontanería, pasando polas manualidades, a psicoterapia e as técnicas de primeiros auxilios, entre outros.

As mulleres que desexen inscribirse poderán facelo do 26 de setembro ao 9 de outubro en calquera das asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais colaboradoras.
Descargar todas as imaxes

Máis información