Conferencia sobre eclipses e outros espectáculos celestes
O investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidente do grupo Shelios, Miquel Serra-Ricart, impartirá o vindeiro sábado, 24 de setembro, unha conferencia co título «Grandes espectáculos celestes: eclipses, auroras e chuvias de estrelas», que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 20.00 horas. Posteriormente, o relatorio completarase cunha observación do ceo nocturno na praza do Rei, na que participarán membros da Agrupación Astronómica "Rías Baixas" de Vigo.
Na charla, o experto en Astrofísica, abordará, de xeito didáctico e ameno, a fenomenoloxía dos grandes espectáculos que poden ser contemplados no ceo, como eclipses de Sol e Lúa, auroras boreales e chuvias de estrelas.
Así, o eclipse anular de Sol, que terá lugar o luns 3 de octubre, será un dos fenómenos que centrarán a conferencia do investigador.Respecto a este eclipse, que é o de maior ocultación solar que se pode ver no territorio español dende 1959, Miquel Serra-Ricart, contará as súas principais características e as súas pautas de observación, como son o emprego de gafas adecuadas.
No seu relatorio, o presidente da asociación Shelios explicará tamén as actividades principais desta organización, cuxo obxectivo consiste na organización de expedicións científicas para observar os grandes espectáculos do ceo e, en particular, dos eclipses alá onde se poidan observar ao longo do planeta.
Dende 1998, os membros de Sheilos teñen conquerido imaxes de cada un deles, xa que teñen observado todos os eclipses totais de Sol e Lúa dende os mellores enclaves. Así, en canto aos eclipses de Sol, no programa Shelios 98, organizaron unha expedición ao océano Atlántico, en 1999 desplazáronse a Turquía, no 2001 a Zimbabwe, no 2002 a Sudáfrica, e no 2003 á Antártida.
Polo que respecta aos eclipses de Lúa, estos foron observados dende o Teide: no ano 2001 dende o pico Teide e no ano 2003 dende o Pico Viejo.
En canto a observación de auroras boreais, Shelios organiza unha expedición no ano 2000 a Groenlandia e en novembro do 2001 disfrutaron do espectáculo da tormenta de estrelas das Leónidas dende o deserto australiano.
Por outra banda, no ano 2004 nace a actividade «A ruta das estrelas», cuxo obxectivo consiste en que un grupo de estudantes poidan acompañar aos investigadores da organización Shelios nas súas expedicións, realizando tarefas de divulgación e educación da ciencia.
Na programación deste ano 2005, na actividade «A ruta das estrelas» participan oito estudantes canarios, que xa teñen percorrido os entornos naturais das Islas Afortunadas, como son o Parque Nacional da Caldera de Taburiente, o Observatorio do Teide do Instituto de Astrofísica de Canarias, en Tenerife, o Parque Nacional de Garajonay, na illa da Gomera, e do Timanfaya, en Lanzarote.
A segunda parte desta expedición complétase na península, onde visitarán os seus parques: o Arquipiélago de Cabrera, Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, Ordesa e Monte Perdido, Picos de Europa, Tablas de Daimiel, Doñana, Serra Nevada e as Illas Atlánticas, de xeito que percorren as comunidades autónomas de Galicia, Castela-León, Madrid, Castela-A Mancha, Murcia e Valencia.
O punto final da viaxe será a observación do eclipse anular de Sol do 3 de octubro. Esta observación realizarase nunha liña perpendicular á banda de anularidade con orixe en Jumilla, onde hai unha maior probabilidade de atopar ceos despexados, e terá lugar ao redor das 11.00 horas.
Vigo, Zamora, Madrid e Valencia son as principais cidades que se atopan na banda de anularidade do eclipse, polo que dende elas será éste máis visible.
Concretamente, a posición da cidade de Vigo resulta privilexiada na traxectoria da visibilidade deste eclipse anular solar, xa que está no centro da "franxa de observación da totalidade do eclipse anular", e tal vez sexa a primeira da península que poida percibir o primeiro contacto da Lúa co Sol, ao redor das 10.53 horas, hora local.
Tamén será un lugar no que se poderá apreciar un dos máximos de oscurecimento do sol (90,20 por cento da superficie) e durante un tempo dos máximos (4 minutos).
O percorrido da sombra virá polo Atlántico e tocará terra polo sur de Galicia e o norte de Portugal, proseguindo de noroeste a sureste, e cruzando en diagonal a península por Castela-León, e Madrid, que se atopa no centro da liña, con 4 minutos e 11 segundos de duración da anularidade, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana. Despois, a sombra lunar continuará o seu periplo polo Mediterráneo, a illa de Ibiza tamén se atopa na franxa de anularidade, e África, para terminar no océano Índico.
A sombra luar do 3 de octubre, maila que eclipse parcial, contará con bastante intensidade, xa que estará o 90 por cento do disco solar ocultado, e será o eclipse con maior porcentaxe de ocultación que ten lugar en España dende o 2 de octubro de 1959, que se viu como total dende as illas Canarias.
Nesta ocasión, o eclipse anular no que a Lúa debido ao seu menor tamaño aparente non chega a ocultar por completo o disco solar, deixando un anel ao seu redor, ocurrirá a primeiras horas da mañán, e posto que a porcentaxe de sol cubierto será de case o 90 por cento, a disminución da luminosidade será bastante notable.
Descargar todas as imaxes