O goberno municipal apoia a candidatura para a declaración do patrimonio oral galego-portugués como Obra Mestra do Patrimonio Oral da Humanidade
O Concello e a asociación "Ponte…nas ondas" asinaron un convenio de colaboración na salvagarda, coñecemento e protección do patrimonio inmaterial oral galego-portugués como obra mestra do patrimonio oral da humanidade.
O convenio asinado o xoves polo concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves e por Santiago Veloso Troncoso en representación da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! recolle que o goberno municipal dirixirase á División do Patrimonio Inmaterial da UNESCO para manifestarlle o apoio á candidatura. Tamén solicitarase do goberno galego e das administracións estatais española e portuguesa o apoio ás iniciativas encamiñadas a favorecer o intercambio e a cooperación social e cultural entre Galiza e Portugal e, nomeadamente, aquelas propostas que teñen como obxectivo o coñecemento, impulso e divulgación da cultura oral común galego-portuguesa.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, integrada por profesorado de máis de 40 escolas de Galicia e Portugal ten entre os seus obxectivos a recuperación do patrimonio cultural común galego-portugués. Froito do traballo realizado sobre este tema, xurdiu a proposta de presentar a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués diante da UNESCO para que sexa declarado Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade.
A UNESCO contempla –ademais da posibilidade de presentar cada dous anos unha candidatura por parte dun Estado- a opción de presentar candidaturas multinacionais naqueles casos en que exista un patrimonio vivo e diverso que se estenda máis alá das fronteiras dun Estado.
A UNESCO establece un procedemento para a presentación desta candidaturas no que a iniciativa debe partir da sociedade civil, ser posteriormente apoiada por institucións e entidades, e finalmente presentada polos gobernos.
O pasado 18 de outubro foi presentada na División do Patrimonio Inmaterial da UNESCO a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués para o seu recoñecemento como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade, avalada polos gobernos portugués e español.
Prevese a resolución do proceso e a proclamación para novembro de 2005.
Descargar todas as imaxes