O Goberno pon en marcha un plan especial para Coia cun investimento de máis de 2.000.000 euros
A alcaldesa, Corina Porro, desprazouse ,na mañá do xoves, a diversas zonas do barrio de Coia, Balaídos e Espedrigada, (cunha poboación de 29.579 habitantes), onde visitou as obras que o Concello está executando en distintos emprazamentos, entre eles as rúas Tui e Manuel de Castro, e anunciou que o Goberno municipal puxo en marcha un plan especial de mantemento no que investirá 2.232.198 euros ata finais de ano.
Acompañada da concelleira do distrito, María Soledad Polo Lima, a rexedora viguesa insistiu en que dende o Goberno local se está a traballar no desenvolvemento de distintos plans de mellora da cidade, "con actuacións específicas nas parroquias, non só no centro de Vigo", puntualizou. No caso do distrito de Coia, Corina Porro destacou que "sufriu a falta de mantemento e sensibilidade de gobernos anteriores" e que este Goberno traballa "para acadar que Coia ocupe o lugar que merece".
Plan Coia
Dentro do plan especial de actuacións que puxo en marcha o Goberno, de aquí a finais do ano 2005 o Concello executará diversos proxectos de humanización en distintas rúas. As humanizacións das rúas Tui, Manuel de Castro, Alfonso X e a urbanización da rúa González Sierra contan cun investimento total de 925.399 euros.
O Concello tamén levará a cabo un proxecto de reparación de beirarrúas, cun investimento de 333.635 euros, que afectará a rúas como Redondela, Tomiño, A Guarda, Mondariz, Caldas, Bueu, Moaña, Porriño, Tomás Alonso, Avda. Atántida e Castelao, Florida, Tranviarios e Manolo Martínez.
O Concello substituirá os colectores, renovará os sumidoiros de augas pluviais e arranxará a conexión de colectores nas rúas Caldas, Bueu, Vilagarcía, Tui e Manuel de Castro, ao que destinará 432.000 euros. Ademais, pavimentou a Avenida de Portanet e construirá un muro e ensanchará o Camiño Chouzo cun investimento de 49.217 euros.
Noutro ámbito, a alcaldesa destacou intervencións que se levarán a cabo para a mellora e mantemento dos xardíns e zonas verdes nesta zona, que contemplan a substitución de chopos da Avenida de Castelao, a remodelación da mediana da Avenida de Castelao ou actuacións nas illas de "Cristo da Victoria", cun investimento de 139.000 euros. Tamén destinaranse 30.000 euros a un novo parque infantil na rúa Estrada, que se atopa en fase de adxudicación, e á colocación do vallado de seguridade en todos os parques infantís da zona.
Á instalación de novos puntos de luz, substitución de luminarias ou a mellora dos sistemas de iluminación no distrito destinaranse 55.547 euros.
O Concello executará tamén obras nas pistas de Balaídos por importe de 212.000 euros (o proxecto atopase en fase de licitación) e construirá pistas polideportivas na Miñoca, tamén en fase de licitación, cun investimento de 50.000 euros.
A través do programa Bial, tamén se están a realizar distintas actuacións, como a reposición de beirarrúas, losetas ou a construcción de ramplas de acceso ao centro comercial de Coia.