martes, 17 xuñ 2008
Durante catro días, Vigo, será referente para empresarios, asociacións e institucións relacionadas co sector da construción. Na segunda edición da feira da Construción de Galicia, SICO 2008, que se celebrará do 26 ao 29 de xuño no IFEVI, daranse cita máis de 400 empresas e 200 expositores, que representan a máis de 1.000 firmas estatais e internacionais.
luns, 9 xuñ 2008
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria, o Santi Domínguez, inaugurou este luns no Calvario a nova campaña de dinamización do comercio vigués. No acto de inauguración, que tamén contou coa participación da presidenta de Fecovi Encarna álvarez, o tenente de alcalde salientou que "é a primeira vez que se fai un programa destas características, que ten por obxectivo apoiar o pequeno e mediano comercio da cidade nun momento de crise".
xoves, 29 mai 2008
Froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, a cidade de Vigo acollerá os días 22, 23 e 24 de xuño o primeiro encontro empresarial entre Galicia e América Latina. Estas xornadas foron presentadas hoxe polo tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Comercio, o nacionalista Santi Domínguez, o presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, o xerente da Cámara de Comercio viguesa, Manuel García, e o director do director do Instituto para a promoción e a análise exterior (IPAEX) Lino Pellitero.<br />
mércores, 30 abr 2008
No marco das iniciativas desenvolvidas polo Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, do 1 ao 18 de maio doce locais do barrio histórico da cidade participarán nas segundas Xornadas do Mexilón, segundo anunciou o tenente de alcalde, Santi Domínguez. "Nestas xornadas ofertaránse racións deste molusco, coa elaboración que cada local elixa, cun prezo dun euro cada unha", explicou o tenente de alcalde.
mércores, 30 abr 2008
No marco do plan de modernización e mellora dos servizos que ofertan os establecementos de restauración e hoteleiros de Vigo que se está desenvolvendo dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio e Turismo, comezou xa a entrega de 350 tronas infantís a 117 restaurantes e 21 hoteis da cidade. "Queremos que os establecementos de Vigo teñan servizos axeitados para os seus usuarios e usuarias e tiñamos constancia de que esta era unha das súas demandas", salientou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez, durante a entrega simbólica das primeiras cadeiras, que tivo lugar este mércores no hotel Husa – Bahía de Vigo.
venres, 25 abr 2008
No marco das iniciativas desenvolvidas polo Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, do 1 ao 18 de maio doce locais do barrio histórico da cidade participarán nas segundas Xornadas do Mexilón, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez. "Nestas xornadas ofertaránse racións deste molusco, coa elaboración que cada local elixa, cun prezo dun euro cada unha", explicou o tenente de alcalde.
venres, 25 abr 2008
En el marco de las iniciativas desarrolladas polo Ayuntamiento de Vigo para dinamizar el Casco Vello, del 1 al 18 de mayo doce locales del barrio histórico de la ciudad participarán en las segundas Jornadas del Mejillón, segun anunció este viernes el teniente de alcalde, Santi Domínguez. "En estas jornadas se ofertarán raciones de este molusco, con la elaboración que cada local elija, con un precio de un euro cada una", explicó el teniente de alcalde.
mércores, 23 abr 2008
Un Salón do Automóvil "plenamente consolidado" celebrarase no Instituto Feiral de Vigo do 26 de abril ao 4 de maio, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Nun espazo de 40.000 metros cadrados daranse cita 32 marcas de automóviles e 5 de vehículos industriales, así como un total de 62 expositores. Deste xeito, o certame xa se convertu "nun claro referente do ámbito estatal", salientou Santi Domínguez, quen subliñou que as novidades paralelas organizadas, como o Racingshow, fan aumentar ano a ano a afluenza de públicos.
mércores, 23 abr 2008
Un Salón del Automóvil "plenamente consolidado" se celebrará en el Instituto Ferial de Vigo del 26 de abril al 4 de mayo, segun anunció este miércoles el teniente de alcalde, Santi Domínguez. En un espacio de 40.000 metros cuadrados se darán cita 32 marcas de automóviles y 5 de vehículos industriales, así como un total de 62 expositores. De este modo, el certamen ya se convirtió<br />
"en un claro referente del ámbito estatal", destacó Santi Domínguez, quien subrayó que las novedades paralelas organizadas, como el Racingshow, hacen aumentar año a año la afluencia de públicos.
venres, 11 abr 2008
As obras de reforma da rúa Pescadería comezarán no vindeiro mes de maio, anunciou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen indicou que o obxectivo é que estean rematadas para a temporada de verán. O investimento para a execución das diferentes fases da reforma é de 103.000 euros.