Escoitar

A Concellería de Turismo confirma o seu respaldo á organización do Salón Náutico de Vigo

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, mantivo este xoves unha xuntanza con representantes de Marina de Exposiciones, organizadores do Salón Naútico de Vigo, para pechar algúns aspectos que quedaban por definir con respecto á organización do certame, que se celebrará no Ifevi do 28 de febreiro ao 2 de marzo.

xoves, 21 feb 2008
1203607557santireunion210208.jpg
Santi Domínguez sinalou que durante a reunión tamén analizaron "cuestións de futuro", co obxectivo de "poñerse a traballar" na edición do ano que vén xa ao remate do salón deste 2008. "Resulta fundamental que o Salón Náutico teña o esplendor que Vigo se merece, e nós sabiamos que era en Vigo ou en ningún sitio", salientou o tenente de alcalde en relación ao feito de que finalmente non se vai celebrar o salón que sobre o mesmo sector estaba previsto en Silleda nas mesmas datas.

O tenente de alcalde reiterou que o Salón Náutico de Vigo conta co total apoio da Concellería de Turismo e adiantou que ese respaldo se concretará nas axudas económicas que se prestarán dende os departamentos que dirixe. Neste sentido, Santi Domínguez recoñeceu tras a reunión que mantivo con representantes de Marina de Exposicións que este ano a adxudicación do certame sufriu un "forte retraso", polo que houbo "moi pouco tempo" para organizar o evento.
Descargar todas as imaxes