mércores, 20 febreiro 2008

O aparcadoiro de Jenaro de la Fuente estará listo en dous anos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras un encontro coa presidenta da Asociación de Comerciantes do Calvario, Encarna Álvarez, salientou que en "dous ou tres anos se solventarán as grandes reclamacións do Calvario coa humanización, reforma e mellora do barrio vigués". O Calvario precisa de "atención urxente", afirma o alcalde, polo que avanzou o inicio de tres obras no barrio: o aparcadoiro de Jenaro de la Fuente, a humanización de cinco das súas rúas e a reforma do edificio Bandeira.

Santi Domínguez explica ao tenente de alcalde de Zaragoza as accións deportivas desenvolvidas en Vigo

mércores, 20 feb 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este mércores unha reunión do traballo co seu homólogo en Zaragoza, Manuel Blasco, na que lle explicou o funcionamento da xestión deportiva que se leva a cabo no Concello de Vigo, así como as accións que se están a desenvolver neste ámbito. O encontro, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, foi cualificado polo tenente de alcalde como "moi fructífero".

A Concellería de Xuventude presenta a súa nova páxina web

mércores, 20 feb 2008

A Concellería de Xuventude presentou este mércores a súa nova páxina web. Nela, os mozos e mozas de Vigo atoparán información sobre os distintos servizos da Concellería, novas de interese e un espazo de participación no que poderán comunicarse con persoas da súa idade.