venres, 22 out 2021
Abel Caballero mantivo un encontro cun grupo de traballadoras da antiga tenda da marca situada na rúa Príncipe. Segundo lle trasladaron, foron despedidas tras o peche do establecemento o pasado 28 de agosto. A empresa indicoulles que non podía recolocalas xa que non estaba previsto abrir outra tenda en Vigo, pero posteriormente abrírona no centro comercial Vialia. O alcalde considera que a empresa “ten que atender a estas traballadoras porque non foron tratadas con lealdade” e transmitiulles o seu apoio ante a situación na que se atopan.
mércores, 20 out 2021
O alcalde achegouse esta mañá ao inicio da montaxe do primeiro elemento ornamental do Nadal 2021. A gran caixa de regalo estará situada un ano máis no cruce entre Gran Vía e Urzáiz.
venres, 15 out 2021
O alcalde anunciou esta mañá a licitación da primeira fase da humanización da rúa Romil por un importe de 1,2 millóns de euros. A actuación contempla a renovación de pavimentación e canalizacións e vaise prolongar 5 meses.
mércores, 13 out 2021
Caballero cualificou de “moi boa” a ocupación hoteleira que rexistrou esta ponte na cidade, cunha media dun 82,3%. A este respecto, reiterou á Xunta a súa petición de aplicar na hostalería a mesma normativa covid que está vixente en Madrid.
luns, 4 out 2021
Na tarde deste luns ten lugar o acto de acendido do marcador electrónico de 4x3 metros que descontará o tempo restante ata o 20 de novembro, data para o comezo do alumeado de Nadal. “Queremos empezar a respirar o Nadal”, explicou Caballero: “Xa saben que o Nadal o marca Vigo, que é Vigo quen marca as pautas do Nadal neste planeta”.
venres, 1 out 2021
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente, Ximo Puig, avogan por un enlace diario Vigo-Valencia e abrir unha nova ruta entre a cidade olívica e Alacante, como vía para “aumentar eses espazos de encontro de carácter comercial” entre “dous territorios cunha economía tan potente e tan forte”.
mércores, 29 set 2021
O alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este mércores dos recoñecementos xunto ao edil de Comercio, Ángel Rivas. A tapa de D’Antonio alzouse co primeiro premio no concurso, seguida da cociña do Café Bar A Dorna.
martes, 28 set 2021
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con membros da Federación de comercio de Vigo para preparar de forma conxunta un plan de actuación para dinamizar a súa actividade logo da “moi boa campaña” dos últimos meses.
martes, 21 set 2021
Abel Caballero puxo en valor os datos de ocupación hoteleira da última fin de semana de setembro que chegaron ao 80% e que se suman aos bos números acadados no mes de agosto, polo que apunta que “Vigo é un gran destino turístico moi apreciado e valorado”.
venres, 17 set 2021
Abel Caballero presentou esta mañá o II Desafío Audiovisual Illas Cíes, unha iniciativa que levará ás illas do 19 ao 22 de setembro a dez equipos de artistas que reflectirán distintas visións do arquipélago nos seus traballos fotográficos e de vídeo. “Seguimos promovendo a nosa candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade, mentres que a Xunta demostra que só quixo obstaculizar o noso traballo”, advertiu o rexedor en declaracións aos medios.