Escoitar

O goberno local autoriza a ampliación de horarios das terrazas con motivo de Conxemar

Abel Caballero tamén informou na mañá de hoxe que a ocupación hoteleira da pasada fin de semana alcanzou o 70,5%.

martes, 3 out 2023
Foto de arquivo da Praza da Constitución
Foto de arquivo da Praza da Constitución

O Instituto Ferial de Vigo acolle dende este martes unha nova edición da Feira de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), un evento que, como sinala o rexedor, “atrae miles de visitantes á nosa cidade”.

Por mor da importante afluencia de persoas, o Concello tomou a decisión de que “o horario de verán volva a estar operativo para as terrazas durante os días 3, 4 e 5 de outubro”. Polo tanto, a ampliación do horario das terrazas permitirá a súa apertura ata as 2 da madrugada (horario de verán en días laborables), e non ata as 00:00 horas habituais.

Ocupación hoteleira

O alcalde congratulouse das boas cifras de ocupación hoteleira do fin de semana, que converte a Vigo “nun paradigma do turismo”. A cidade alcanzou o 70,5% de ocupación, “nunha fin de semana que xa se considera de temporada baixa”, quedando a media do mes de setembro no 81%, “un nivel altísimo de ocupación, que nos sitúa como unha gran potencia turística”.

Descargar todas as imaxes