Caballero louva ao sector do mar na apertura do Congreso Conxemar-FAO
O alcalde trasladou aos asistentes a importancia da ciencia para seguir na senda de máis economía, máis sostibilidade e máis medioambiente. Tamén reivindicou que as medidas políticas estean baseadas na ciencia e cualificou de “inxusto” o regulamento da Unión Europea en augas profundas. Abel Caballero configurou o binomio alimentación e pesca como un eixo fundamental da feira de Conxemar e reivindicou Vigo como capital da pesca: “É por iso que Vigo precisa dunha representación e oficina da FAO, trazarémola conxuntamente e non imos parar ata conseguilo”, anunciou. O rexedor explicou como “as melloras na eficiencia garanten unha maior trazabilidade e optimizan a relación calidade-prezo”.