Os Coidadores de Barrio celebran a festa de fin de verán
O alcalde sumouse este venres á celebración, que tivo lugar no Xardín da Memoria en Riviera Atienza, poñendo en valor o “servizo cidadá tan significativo” que prestan “atendendo á xente de Vigo”. Tal e como apuntou, os Coidadores de Barrio atenden de forma permanente a 240 mulleres e 41 homes e sumaron 9.000 servizos no que vai deste ano 2023. Ademais, hai unha porcentaxe de persoas beneficiarias que precisan a axuda “para facer un recado ou atender a unha persoa maior”.
Descargar todas as imaxes