O alcalde inaugura a humanización de Marqués de Valladares
O Concello de Vigo substituíu todo o pavimento de empedrado por asfalto puído nunha plataforma única monocolor, co que se eliminan as molestias provocadas por ruídos e vibracións.
O Concello de Vigo substituíu todo o pavimento de empedrado por asfalto puído nunha plataforma única monocolor, co que se eliminan as molestias provocadas por ruídos e vibracións.
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á subvención nominativa ao Clube Deportivo AMFIV para o desenvolvemento da sua actividade deportiva de elite.
O alcalde avanzou este venres que a vindeira semana comezan as actividades de outono en tódalas asociacións e entidades da cidade que traballan con persoas maiores. A inscrición abre o 1 de outubro
Este sábado 30 de setembro ábrese o prazo para que os grupos e solistas de Vigo poidan solicitar un dos cinco locais de ensaio. Está principalmente dirixido a mozos e mozas de entre 13 e 30 anos. As inscricións poden facerse a través da páxina web www.xuventudevigo.org. Vigosónico é un gran espazo adicado á música e á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo á mocidade que se relaciona dalgún xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando... É unha instalación moderna e equipada con salas de ensaio, cabinas de formación, estudos de gravación, salón de actos multiusos e zona de ocio.
O alcalde sumouse este venres á celebración, que tivo lugar no Xardín da Memoria en Riviera Atienza, poñendo en valor o “servizo cidadá tan significativo” que prestan “atendendo á xente de Vigo”. Tal e como apuntou, os Coidadores de Barrio atenden de forma permanente a 240 mulleres e 41 homes e sumaron 9.000 servizos no que vai deste ano 2023. Ademais, hai unha porcentaxe de persoas beneficiarias que precisan a axuda “para facer un recado ou atender a unha persoa maior”.
Abel Caballero expresou este venres, no acto do "Día da Policía 2023", o recoñecemento da cidadanía de Vigo ao "extraordinario traballo" que realizan os axentes todos os días. Dirixiuse aos policías que participaron na celebración organizada no Teatro Afundación asegurándolles que en numerosas ocasións elevan o seu traballo a "niveis de heroicidade".
Na noite deste venres, 29 de setembro, o Concello súmase á reivindicación do Día Mundial do Corazón, que se celebra baixo o lema “Pensa no teu corazón”, iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón. O sábado, 30 de setembro, as fontes tínguense de azul e verde polo Día mundial da Hipertensión Intracraneal Ideopática, unha enfermidade rara que sofren 5 de cada 100.000 persoas e que actualmente non ten cura. O domingo, 1 de outubro, as fontes de Aragón lucirán a cor verde polo Día da Artrite no marco da campaña que desenvolve a Coordinadora Nacional de Artrite para concienciar sobre a enfermidade.