Escoitar

O domingo 8 de outubro comeza o “Camiño a Camiño” de outono

A edición de outono do programa medioambiental Camiño a Camiño comezará o próximo 8 de outubro con oito rutas por espazos naturais do termo municipal e co fin de impulsar o ocio saudable na cidade.

xoves, 28 set 2023

A edición de outono do programa medioambiental Camiño a Camiño comezará o próximo 8 de outubro con oito rutas por espazos naturais e co fin de impulsar o ocio saudable na cidade. Así o expresou a concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, no transcurso da presentación do programa, na que participou tamén a tenente de alcalde, Elena Espinosa e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González.

A compañía galega de distribución alimentaria renova deste xeito a colaboración co Concello cunha achega de 23.000 euros ao programa no que participaron durante once anos máis de 13.700 persoas.

A primeira das oito rutas desenvólvese o 8 de outubro no Salnés. Os seguintes percorridos serán o 15 de outubro no Ribeiro, 22 de outubro no Condado, 29 de outubro entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia, 5 de novembro no Rosal, 12 de novembro en Lourizán, 19 de novembro no Río Eifonso e o 26 de novembro no parque de Castrelos e no río Lagares.

Na colaboración inclúense actividades de horta urbanas de Cabral, Lavadores, Ramón Nieto, Teis, Navia e Camelias. O programa complétase coas accións de voluntariado medioambiental no Monte da Guía, acompañamento de cans e de sendeiros.

Máis información

Toda a información relativa ao programa e aos detalles do mesmo atópase na web municipal e no blog: www.caminoacaminovigo.com. O proceso de inscrición realizase a través do 010 (986810260 se se chama dende móbil).

Descargar todas as imaxes