Escoitar

O Maratón Fotográfico de Vigo se celebrarase o 30 de setembro

Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística, presentaron a XXVII edición do Maratón Fotográfico de Vigo, que se desenvolverá entre o 30 de setembro e o 1 de outubro coa novidade da recuperación da fotografía analóxica. O Concello achega 8.000 euros a esta iniciativa.

mércores, 27 set 2023
Alfonso Durán, Abel Caballero,  Jesús Nieto, y Carmela Silva
Alfonso Durán, Abel Caballero, Jesús Nieto, y Carmela Silva

O alcalde afirmou esta mañá, ante a presenza do presidente e do secretario da Agrupación Fotográfica Galega, Alfonso Durán e Jesús Nieto, organizadora da XXVII edición do Maratón Fotográfico de Vigo, a participación do Concello como principal patrocinador da cita anual dos artistas da fotografía que se celebra esta fin de semana.

O rexedor sinalou que o maratón fotográfico forma parte da "identidade" da cidade e que a nova convocatoria é a "crónica dun éxito narrado". Destacou a “singularidade” de que os participantes coñezan os catro temas a fotografar ao arrincar as 24 horas maratonianas.

O alcalde expuxo que entre as novidades desta edición destaca que se poderán realizar fotografías en formato analóxico, xa que a organización, ademais de incluír esta modalidade, anunciou que asume o custo do revelado dos carretes así como as copias. Amais, indicou que os menores de 20 anos contarán cunha cota reducida a 8 euros, xa que a xeral é de 12 euros. A isto engádese que a adaptación do maratón para as persoas con diversidade funcional.

O alcalde indicou que o gañador recibirá un premio de 1.000 euros, e que os artistas que queden en segundo e terceiro lugar recibirán 500 e 300 euros, respectivamente.

O secretario da Agrupación Fotográfica Galega, Jesús Nieto, avanzou que nestes momentos inscribíronse por Internet, a través da web da organización, un total de 60 persoas, coa perspectiva de que se repitan os 100 participantes de edicións anteriores. Explicou que a decisión de dar cabida á fotografía analóxica débese ás numerosas peticións recibidas e ao "boom" que rexistra esta modalidade fotográfica.

Alfonso Durán, Abel Caballero,  Jesús Nieto, y Carmela Silva
Alfonso Durán, Abel Caballero,  Jesús Nieto, y Carmela Silva
Descargar todas as imaxes