O alcalde saúda ás persoas participantes na viaxe pola ría de Vigo
No marco do programa "Vigo, Cidade Amiga dos Maiores", o Concello organiza viaxes pola ría durante os meses de setembro e outubro para que as persoas participantes coñezan a súa riqueza natural. Haberá un total de 2.695 prazas para gozar das travesías que teñen unha duración dunha hora e media. Abel Caballero visitou este martes o barco, que parte da Estación Marítima, e saudou ás persoas participantes desexándolles a mellor experiencia a bordo.
Descargar todas as imaxes