Escoitar

Abel Caballero mostra os proxectos do Vigo Vertical a alcaldes e técnicos de Brasil e Italia

O rexedor saudou este luns nas ramplas mecánicas da Gran Vía a unha delegación de alcaldesas de Brasil (Pelotas, Novo Hamburgo e Juiz de Fora) e de equipos técnicos de tres municipios italianos (Bari, Xénova e Torino) que participan nun proxecto sobre mobilidade sostible e igualdade. Na súa visita a Vigo están coñecendo as ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas do programa Vigo Vertical que, tal e como lles explicou Caballero, “están transformando a mobilidade na cidade”.

luns, 25 set 2023
O alcalde, cos concelleiros Yolanda Aguiar e Javier Pardo, na visita ás ramplas da Gran Vía
O alcalde, cos concelleiros Yolanda Aguiar e Javier Pardo, na visita ás ramplas da Gran Vía
O alcalde, cos concelleiros Yolanda Aguiar e Javier Pardo, na visita ás ramplas da Gran Vía
Descargar todas as imaxes