Escoitar

Vigocultura programa 26 espectáculos este outono na cidade

O alcalde adiantou a programación municipal de artes escénicas que se desenvolverá entre os meses de outubro e decembro con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques.

venres, 22 set 2023
O alcalde no espectáculo de Troula Animación da edición Vigocultura 2022
O alcalde no espectáculo de Troula Animación da edición Vigocultura 2022

O goberno municipal vén de resolver a convocatoria pública de presentación de propostas artísticas para o programa municipal de artes escénicas “Vigocultura”, que comprenderá 26 espectáculos.

“O mellor trimestre de Vigocultura que tivo nunca a historia da cidade” e que se desenvolverá do 6 de outubro ao 17 de decembro, apuntou o rexedor. A oferta está orientada a tódolos públicos con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo, monicreques ou espectáculos infantís. Os espectáculos para público adulto serán os venres e sábados e para o público familiar os domingos.

A edición de outono de “Vigocultura” comezará na rúa do Príncipe o venres 6 e o sábado 7 e o resto do programa desenvolverase no Auditorio Municipal.

A programación prevista é a que segue:

- Venres 6 outubro: Pablo Méndez Performances: “Sobe aos teus soños” – espectáculo de rúa

- Sábado 7 outubro: Troula: “Psychodelia” – espectáculo de rúa

- Venres 13 outubro: Natalia Outeiro “Isolada” – clown con poesía

- Sábado 14 outubro: Migallas Teatro: “Falemos como galegas”- humor

- Domingo 15 de outubro: Festuc Teatre: “Lámpara marabillosa” – teatro, marionetas

- Sábado 21 outubro: A Feroz: “Frío” – teatro

- Domingo 22 outubro: L’Auténtica “Oh uh ei! tierra, aire, fuego, agua” – instalación

- Venres 27 e sábado 28 outubro: Jazmín Abuín presenta “A rir a Vigo” con monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri, Bianca Kóvacs

- Domingo 29 de outubro: TALÍA Teatro: “Voa, voa” – teatro familiar

- Venres 3 novembro: Chicharrón Circo Flamenco “Sin Ojana” - circo con malabares e clown, flamenco e teatro

- Domingo 5 novembro: Xanela do Maxín “Coliño” - espectáculo para bebés, inmersivo, visual, musical e marionetas (de 0 a 3 anos)

- Venres 10 novembro: Óscar Cobos Compañía de Danza: “Bailador”

- Sábado 11 novembro: Ibuprofeno Teatro: “Deazpan Karaoke”

- Domingo 12 novembro: Maxia na Manga: “A Igualdade non ten truco” , con Sara Rodríguez e Carlos Tomico – maxia

- Sábado 18 novembro: “SEIS, Lorca en Galicia” - espectáculo audiovisual con música en directo e videocreación

- Domingo, 19 de novembro: * A BALDUFA: “La fábula de la ardilla” - teatro familiar

- Venres 24 novembro: Compañía Pepa Plana: “Se tú te vas” - espectáculo clown

- Sábado 25 novembro: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida” - espectáculo multidisciplinar de danza, música e teatro

- Domingo, 26 novembro: luz, micro e punto: “Años luz” - teatro de sombras

- Domingo 3 decembro: Guayominí: “CaLORCALor” -teatro contemporáneo

- Sábado 9 decembro: Producións Teatrais Excéntricas: “Ou auto do Castromil” - teatro comedia

- Venres 15 decembro: Cantigaéverso: Francisco Castro e Federico Welicki - espectáculo de poesía musicalizada

- Sábado 16 decembro: Vaivén Producións “Redada familiar”- teatro comedia

- Domingo 17 decembro: Teatro Paraíso: “Ventanas” – teatro

 

 

 

 

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes