Escoitar

Abel Caballero afirma que Vigo é unha cidade "embarcada permanentemente na loita contra o cambio climático"

O alcalde asegurou que a cidade quere ser sostible e que o goberno traballa para facer de Vigo unha mostra permanente das políticas en favor do medio ambiente, con proxectos como "Vigo Vertical", con emisións cero, ou a reciclaxe de todos os residuos

xoves, 21 set 2023
O alcalde coa concelleira do Medio Ambiente e directivos de AXA
O alcalde coa concelleira do Medio Ambiente e directivos de AXA

Abel Caballero explicou, durante a presentación da mostra "Bosques: Os nosos aliados contra o cambio climático", organizado pola Editorial Planeta e a Fundación AXA na rúa do Príncipe, a aposta do Concello de Vigo a prol do coidado do medio ambiente, ser sostible” e “unha cidade embarcada permanentemente na loita contra o cambio climático".

Acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, o director territorial da Fundación AXA, e do comisario da mostra, o rexedor expresou o seu desexo de que a actividade privada tamén se sume á defensa ambiental, especialmente ante o “negacionismo” crecente da grave crise climática.

O alcalde incidiu en que en todas as obras de humanización en Vigo inclúen a plantación de árbores, ao tempo que recordou que desde o ano 2012 utiliza un coche eléctrico cen por cen renovable e convidou á cidadanía a seguir o seu xesto. “Hai que deter a emisión de gases nocivos”.

Caballero sinalou que a achega do Concello ao medio ambiente tamén se substancia na instalación de ascensores e ramplas mecánicas alimentadas con enerxía eléctrica renovable "e por tanto, con emisión cero", ademais de propiciar a mobilidade sostible cos carrís bici.

Descargar todas as imaxes