Escoitar

O alcalde saúda aos axentes da Policía Local que participarán no "European Police & Fire Games 2023"

Abel Caballero saudou esta mañá ao equipo da Policía Local de Vigo que participará, do 29 de setembro ao 7 de outubro, na competición "European Police& Fire Games 2023", que se celebrará na localidade alacantina de Torrevieja. O rexedor entregou unha bandeira de Vigo aos 23 axentes que participarán en competicións de crosssfit, atletismo, natación, padel e fútbol .

mércores, 20 set 2023
Descargar todas as imaxes