O aeroporto de Vigo rexistra un agosto con cifras superiores á prepandemia
Para o alcalde o ano está a ser “excepcional” cunha cifra no período xaneiro-agosto de 759.863 pasaxeiros, un 9,92% máis que no 2019 e un 27,68% máis que o ano pasado.
O Aeroporto de Vigo rexistrou máis de 116.000 pasaxeiros no mes de agosto. O alcalde valorou estes datos como “excepcionais e de récord”, ao superar ás cifras do ano 2019, prepandemia, e do ano pasado, un 21,4 % e un 1,81% respectivamente. Polo aeródromo vigués pasaron no período xaneiro – agosto 759.863 pasaxeiros, un 9,92% máis que no 2019 e un 27,68% máis que no 2022.
Caballero deu conta de que o destino regular principal foi Madrid, cun 53% da cota. Séguenlle Barcelona, Tenerife, Gran Canaria, Palma de Mallorca e Londres. A ocupación dos voos foi do 95% no caso de Gran Canaria e Palma de Mallorca, 93% a Barcelona e Tenerife, Menorca 87%, Madrid e Londres 85%, Lanzarote 77%, Ibiza 75% e Santander 52%.
O alcalde puxo en valor que o aeroporto de Vigo “ten unha gran capacidade de xeración de viaxes a mercado”, xa que o goberno local só está a colorar nun convenio de promoción turística coa ruta a Londres. Respecto a esta conexión, Caballero louvou o bo comportamento e que se manteña durante todo o ano.