mércores, 20 set 2023
O alcalde e presidente de Zona Franca, Abel Caballero, a vocal substituta do delegada de Zona Franca, Ana María Seijas, e a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, colocaron esta mañá a primeira pedra da nova sede da Asociación Down, situada no número 27 da rúa Real do Casco Vello.
mércores, 20 set 2023
Esta mañá o rexedor recibiu a Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon adaptado en Tokio 2020, e ao presidente de la Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo. O rexedor explicou que na reunión se propuxo a posibilidade de que Vigo albergue unha proba do campionato do mundo de triatlón paralímpico, "que sexa puntuable para os Xogos Olímpicos de París 2024". Caballero mostrou o seu desexo de que sexa o último, "para que os deportistas veñan buscando lograr as marcas clasificatorias".
mércores, 20 set 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañana tres novos camions de limpeza urbana equipados por un sistema de hidrolimpieza de alta presión, e un camión compactador de basura, propulsados por gas natural comprimido que rebaixarán as emisións de CO2
mércores, 20 set 2023
Abel Caballero saudou esta mañá ao equipo da Policía Local de Vigo que participará, do 29 de setembro ao 7 de outubro, na competición "European Police& Fire Games 2023", que se celebrará na localidade alacantina de Torrevieja.
O rexedor entregou unha bandeira de Vigo aos 23 axentes que participarán en competicións de crosssfit, atletismo, natación, padel e fútbol .