Escoitar

Abel Caballero: "Queremos que Vigo sexa sede da última proba do campeonato do mundo de tríatlon paralímpico"

Esta mañá o rexedor recibiu a Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon adaptado en Tokio 2020, e ao presidente de la Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo. O rexedor explicou que na reunión se propuxo a posibilidade de que Vigo albergue unha proba do campionato do mundo de triatlón paralímpico, "que sexa puntuable para os Xogos Olímpicos de París 2024". Caballero mostrou o seu desexo de que sexa o último, "para que os deportistas veñan buscando lograr as marcas clasificatorias".

mércores, 20 set 2023
Descargar todas as imaxes