As fontes de Aragón ilumínanse pola hipertensión, o corazón e a artrite
Na noite deste venres, 29 de setembro, o Concello súmase á reivindicación do Día Mundial do Corazón, que se celebra baixo o lema “Pensa no teu corazón”, iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón. O sábado, 30 de setembro, as fontes tínguense de azul e verde polo Día mundial da Hipertensión Intracraneal Ideopática, unha enfermidade rara que sofren 5 de cada 100.000 persoas e que actualmente non ten cura. O domingo, 1 de outubro, as fontes de Aragón lucirán a cor verde polo Día da Artrite no marco da campaña que desenvolve a Coordinadora Nacional de Artrite para concienciar sobre a enfermidade.
Descargar todas as imaxes