O Concello xestiona 21 millóns en axudas para melloras en vivendas e edificios
Abel Caballero explicou este martes que a execución de fondos procedentes dos convenios das Áreas de Rehabilitación Integral, ARIS, do Ministerio de Transporte, Moviilidad e Axenda Urbana, colocan a Vigo como a cidade que máis recursos está a dedicar, en proporción ao seu tamaño, dentro dos plans estatais de vivenda. O total de axudas concedidas ata o de agora ascende a 14,6 millóns de euros.
O alcalde apuntou que o goberno vigués xestiona nestes momentos un montante de 21 millóns de euros en axudas para rehabilitación. Detallou que na actualidade están asinados convenios para obras de rehabilitación e renovación de vivendas por valor de 15.079.116 euros.
O rexedor sinalou que a execución de fondos estatais de vivenda é especialmente significativa nos convenios das Áreas de Rehabilitación Integral, con 9.573.111 euros xa pagos para obras de mellora en distintos enclaves da cidade. Esta cifra representa un grao de execución do 63,49 por cento.
Caballero explicou que a suma entre as obras xa financiadas e as que están en trámite lanza unha cantidade de 12.806.283 millóns de euros, cifra que eleva a execución a 84,93 por cento.
O alcalde lembrou que o Concello xestionou tamén 1.819.469 de fondos de conxuntos históricos ou outros programas, que non proceden do Plan Estatal de Vivenda, en mellorar prazas e en zonas da cidade de áreas construídas hai “moitos anos e que teñen importantes necesidades de mellora".
Caballero detallou que as axudas concedidas, que ascenden a 14.625.752 euros, engádese a nova convocatoria de 6 millóns de euros para eficiencia enerxética de edificios en 14 barrios, que neste caso correspóndense con fondos Next Generation. “Isto significa que en Vigo estamos a irnos, practicamente, aos 21 millóns de axudas á rehabilitación de vivendas en Vigo”, afirmou .