Escoitar

Caballero: "O aeroporto segue a crecer a velocidade de cruceiro"

O terminal viguesa consolidou o pasado mes de outubro a senda do incremento de pasaxeiros. Recibiu a un total de 101.395 viaxeiros, que representan un incremento do 9,9 por cento con respecto ao mesmo mes de 2022, no que se contabilizaron 92.264 usuarios. "Crece a velocidade de cruceiro", asegurou Abel Caballero.

luns, 13 nov 2023
Imaxe panorámica de Vigo
Imaxe panorámica de Vigo

O alcalde destacou este luns a actividade do aeródromo de Vigo, xa que por cuarto mes consecutivo supera a barreira dos 100.000 usuarios e por sétimo mes o nivel de ocupación supera o 75 por cento.

O rexedor destacou que o aeródromo tamén aumentou o número de voos, ao contar con 1.233, que representan un ascenso do 16,8 por cento con respecto ao ano pasado. Ata principios de novembro un total de 968.886 persoas utilizaron a Peinador para os seus desprazamentos. Así o tránsito acumulado anual creceu en n 23,7 porciento sobre o de 2022, que contou con 783.421 usuarios. "Esta é unha cifra de récord que sintetiza o éxito da cidade de Vigo porque o éxito dun aeroporto é o dunha cidade", afirmou

Ao longo do ano realizáronse 12.673 operacións, un 9,5 máis que no exercicio anterior. O movemento de mercadorías tamén contabiliza datos en positivo, xa que as 57.982 movidas significan un aumento do 92 por cento.

 

Descargar todas as imaxes