Escoitar

O goberno local amosa o seu compromiso coa soidade non desexada

A concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, puxo en valor o traballo realizado pola Fundación Esplai na redución da fenda dixital das persoas maiores que se desenvolveu no MARCO. Aguiar lembrou que o Concello de Vigo, tras realizar o Mapa da Soidade máis amplo de todos os municipios de España, estableceu unha estratexia de atención ás persoas maiores, ao amparo da cal xa se están desenvolvendo numerosas medidas incluídas no Plan, como é o Programa de Envellecemento Activo; Vigo, Cidade Amiga dos Maiores, con máis de 7000 prazas; ou o Programa de Capacitación Dixital, que se desenvolve en en todas as asociacións e centros cívicos.

venres, 10 nov 2023

 

 

 

Descargar todas as imaxes