Escoitar

O Goberno de Vigo adxudica o subministro de lectores QR/NFC para o uso da PassVigo

O rexedor sinalou que "a PassVigo ten un formato en físico moi recoñecido, e agora estamos desenvolvendo a súa incorporación aos teléfonos móbiles". A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a prórroga do CEDRO por 789.267 euros.

venres, 10 nov 2023

Abel Caballero deu conta da aprobación do subministro de lectores do código QR/NFC para acceso a máis servizos municipais,  lembrando que a PassVigo xa pode ser utilizada noutros servizos como o XER ou nos novos contedores de lixo. O adxudicatario foi Telefónica Soluciones de Informática e Comunicaciones, por un importe de 103.000€.

Con estes lectores "permitirános pasar a nosa PassVigo ao teléfono móbil", xenerando unha tarxeta virtual (asociada á tarxeta física), que estará dentro da aplicación da cidade. "É preciso que sigamos incorporando as novas tecnoloxías na cidade de Vigo", sinalou.

Prórroga CEDRO

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a prórroga do CEDRO por 789.267 euros.

Descargar todas as imaxes