Escoitar

O orzamento de Medioambiente e Parques e Xardíns elévase a 17,5 millóns

O alcalde detallou este venres as partidas do presuposto para 2024 na área de Medioambiente e Parques e Xardíns. Tamén relatou as áreas de Festas e Xuventude.

luns, 13 nov 2023

Caballero indicou que o goberno vigués dedicará en total para o mantemento de praias 817.700 euros. Ademais destacou a achega orzamentaria á protectora de animais, con 764.000 euros, e a cemiterios e servizos funerarios, cunha partida de 1.441.000€, incrementando en 140.000€ con respecto ao 2023.

O mantemento de Parques e Xardíns sitúase en 7.950.000 euros, sinalando o rexedor que “son os máis cuidados de toda España”. En concreto, aos parques infantís e biosaudables o Concello adica 2,9 millóns, unha partida que se eleva en 700.000 euros con respecto o anterior orzamento. Tamén destaca o Parque de Navia, ao que se lle adicará 1,5 millóns de euros.

Festas

“O presuposto de festas totaliza máis de 5 millóns de euros, incrementando un 2,35% o equivalente a 115.000€”, destacou o rexedor. A partida máis importante esta adicada aos concertos do Vigo en Festas, con 3,4 millóns, que este ano serán “excepcionais e extraordinarios”. A maiores, as festas tradicionais destinaranse 300.000€; a Cabalgata de Reis, 250.000€; o entroido 187.000€ e a Reconquista, 160.000€. Co que Caballero indicou que “seguiremos facendo das festas un elemento dinamizador e de alegría na cidade”.

Xuventude

A partida orzamentaria de xuventude “supera o millón de euros”, onde a partida principal é para a realización dos campamento de verán, cunha achega de 368.000€. A maiores, a ludoteca Casa da Xuventude e a de Coia, alcanzan os 146.000€, e a xestión de Vigosónico sitúase nos 92.000€.

Descargar todas as imaxes