venres, 23 abr 2021
O alcalde presentou en rolda de prensa este venres a aplicación “pioneira en España” que proporciona información sobre o tempo dos semáforos ou sobre o estado do tráfico permitindo unha condución “máis eficiente e segura”.
xoves, 22 abr 2021
A Xunta de Goberno Local resolveu este xoves o concurso público para completar “unha das grandes obras da cidade”, segundo explicou Caballero: a senda peonil e ciclista que unirá Urzáiz con Chapela pola antiga vía do tren. Contando coa primeira fase xa aberta, o orzamento se eleva a case 3,4 millóns de euros.
martes, 20 abr 2021
O Concello acometerá un plan masivo de repintado de rúas por toda a cidade que afectará a 50 viais. O desgaste sufrido co paso do tempo motiva que se reforcen pasos de peóns, sinais ou símbolos pouco visibles para gañar en seguridade viaria.
venres, 9 abr 2021
O alcalde explicou en rolda de prensa este venres que as patrullas da Policía Local están supervisando o tráfico no Ifevi e controlando as prazas de aparcamento reservadas para a vacinación nos centros de saúde.
luns, 5 abr 2021
Abel Caballero informou este luns da decisión de habilitar prazas de estacionamento de balde para aqueles que se despracen a ser pinchados contra o coronavirus. Haberá espazos na Doblada, Coia, Pizarro, Pintor Colmeiro, Lavadores, Navia, Rosalía e Teis. O alcalde instou á Xunta a quitar o pago tamén no Cunqueiro.
martes, 30 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará o expediente de contratación, por procedemento aberto, das obras de rehabilitación da edificación situada na rúa Alta número 23., e tamén o proxecto de renovación da iluminación do Parque de Castrelos, por 623.000 euros, e a humanización de Severino Covas, cun orzamento de 440.000 euros.
venres, 26 mar 2021
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de comunicar a decisión ao Concello. “Estamos empezando a ser unha gran referencia en España e no mundo de mobilidade sostible, ecolóxica e respectuosa”, saudou o alcalde, quen subliñou que trátase da segunda distinción que reciben as ramplas mecánicas da Gran Vía, logo do primeiro premio da prestixiosa publicación Elevator World.
venres, 26 mar 2021
O rexedor visitou as obras do complexo situado en Urzáiz xunto á presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, que se referiu á "visión estratéxica e transformadora" do Concello sobre esta obra que cambiará Vigo.
xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o primeiro trámite para aprobar a ordenanza municipal que regulará as condicións de circulación de vehículos de mobilidade persoal nas vías urbanas da cidade.
martes, 23 mar 2021
O alcalde deu conta esta mañá da resolución do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo rexeitando a paralización cautelar das obras en marcha na Porta do Sol. Na súa opinión, trátase “dunha sentenza contundente, categórica e demoledora contra os intereses particulares dos demandantes”.