luns, 10 nov 2008
A actriz Mariana Carballal presenta a película "La joven de las especias" que se proxecta o martes 11 de novemrno ás 19:30 horas na sala de conferencias Caixanova con entrada gratuita , dentro das actividades do grupo Alecrín coa colaboración da concellería de Igualdade.
xoves, 30 out 2008
A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que os orzamentos das súas concellerías manteñen un "crecemento sostible", acorde co resto das áreas do BNG. Ademais, a edil destacou a inclusión de dúas partidas, na Concellería de Xuventude e na de Igualdade, que teñen a finalidade de "subvencionar espazos de lecer educativo".
mércores, 8 out 2008
A oferta formativa que desenvolverán as vogalías da muller das asociacións veciñais de Vigo incluirá tamén un cursos dirixido a homes e mulleres, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso. Segundo a edil do BNG, o departamento que dirixe quere "dar un paso máis" no traballo que se leva a cabo para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.<br />
martes, 7 out 2008
A Concellería de Igualdade organiza unha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuitos que oferta poden facer a inscrición dende o venres, 10 de outubro, segundo anunciou este martes a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
luns, 6 out 2008
A Concellería de Igualdade de Vigo "Promotoras de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes", en colaboración con "Lilith Acción Social e Educativa" . A acción formativa é gratuíta e será de 90 h.
mércores, 1 out 2008
O Concello de Vigo repartirá 500 unidades didácticas en diversos centros de ensino da cidade co obxectivo de facilitar ao profesorados ferramentas coas que profundizar na igualdade entre nenos e nenas, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
martes, 30 set 2008
Durante este mes, a Marcha organiza charlas en distintas asociacións para dar a coñecer á cidadanía o VII Encontro, a celebrar en Vigo o 18 e 19 de outubro e que supón para a cidade ter a máis de 100 delegadas vindas dos 5 continentes e que representarán a máis de 40 países.
martes, 23 set 2008
A FAVEC organiza curso gratuíto de 30 horas para todas aquelas persoas interesadas en coñecer e potenciar as súas habilidades sociais. Este curso formativo que leva por título: "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional" está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dentro do proxecto "Construíndo Futuro".
luns, 22 set 2008
A concellería de Igualdade organiza un obradoiro de autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que se considera oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. O obradoiro celebrarase os días 6 e 7 de outubro. Esta actividade vai dirixida, preferentemente, a asociacións e colectivos de mulleres.
xoves, 3 xul 2008
A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, asegurou este xoves que nengunha das mulleres vítimas de malos tratos que solicitaron axuda ao Concello de Vigo quedaron sen cobertura tras o peche da Casa de Acollida. Deste xeito, a edil do BNG aclarou as manifestacións recollidas na prensa ao respecto e asegurou que "é falso que haxa mulleres que solicitaran atención e non a recibiran".