O venres ábrese o prazo de incrición para participar nos cursos de Igualdade "Vivir en parella é cousa de 2"
A Concellería de Igualdade organiza unha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuitos que oferta poden facer a inscrición dende o venres, 10 de outubro, segundo anunciou este martes a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
Nesta sétima edición dos cursos, que son gratuitos, ofértanse 105 prazas que se distribuirán en dous cursos dirixidos aos homes, -os centrados no coidados da roupa e a cociña-, dous destinados a mulleres -reparacións domésticas e mecánica do automóbil-, e dous mixtos -comunicación e coidado de persoas dependentes-.
A edil subliñou que estes cursos "de moitísimo éxito" reflicten o traballo que desenvolve a Concellería de Igualdade, así como un dos seus principais obxectivos, que consiste en "proporcionar ferramentas para superar as desigualdades na vida cotiá". Seguindo explicou Iolanda Veloso, os cursos tratan de "salvar a desigualdade na adquisición de coñecemento e o reparto de tarefas". Neste sentido, explicou que son as mulleres as que transmiten os coñecementos sobre a cociña e o coidado da roupa ás propias mulleres, mentres que os homes non reciben esta preparación. Do mesmo xeito, as mulleres non contan cos coñecementos desenvolvidos tradicionalmente por homes, relacionados coa reparación dos pequenos electrodomésticos ou a electricidade e a mecánica do automóbil.
O programa inclúe dous cursos para homes, "Os coidados que necesita a nosa roupa" e "Preparo, cociño e comparto", nos que se ofertan quince prazas en cada un deles. O primeiro, "Os coidados que necesita a nosa roupa", desenvolverase do 28 de outubro ao 27 de novembro na Aula Sísifo de Formación, os marte e xoves de 19.30 a 21.30 horas. "Preparo, cociño e comparto", pola súa banda, terá lugar do 27 de outubro ao 13 de decembro tamén na Aula Sísifo de Formación, os luns de 19 a 22 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 horas. O programa tamén inclúe dous cursos dirixidos a mulleres, "Reparacións domésticas básicas", que oferta vinte prazas, e "Mécánica e electricidade do automóbil", no que se oferta quince prazas. Como novidade, Iolanda Veloso indicou que estes cursos destinados ás mulleres incrementan o seu número de horas, de xeito que pasan de trinta a corenta horas cada un. "Reparacións domésticas básicas" impartirase do 28 de outubro ao 9 de decembro, no centro de ensino Valentín Paz Andrade, os martes e xoves de 18 a 21 horas. "Mécánica e electricidade do automóbil" desenvolverase do 27 de outubro ao 10 de decembro, tamén no centro educativo Valentín Paz Andrade, os luns e os mércores de 18 a 21 horas.
Ademais, o programa organiza dous cursos mixtos, "Podo comunicarme mellor" e "O coidado das persoas dependentes", nos que se ofertan vinte prazas en cada un deles, co obxectivo de que homes e mulleres "se complementen no desenvolvemento deste tipo de tarefas". O curso "Podo comunicarme mellor" terá lugar dende o 27 de outubro ao 19 de novembro na Casa de Mulleres os luns e os mércores de 18.30 a 21 horas. Pola súa banda, "O coidado das persoas maiores" impartirase do 28 de outubro ao 4 de decembro no Centro de Estudos de Povisa os martes e xoves de 18.30 a 21 horas.
Na presentación deste programa, a concelleira de Igualdade indicou que dende o inicio do programa no ano 2005 teñen participado un total de 630 alumnos e alumnas. Para participar, as persoas interesadas deben ser maiores de idade, estar empadroado ou empadroada no Concello de Vigo e non repertir a inscrición nun curso que xa se fixera. A inscrición pode realizarse na Concellería de Igualdade do Concello vigués (ubicada na primeira planta) en horario de 8 a 15 horas e a través do teléfono 986 810 284 dende o día 10 de outubro e ata completar o número de prazas dispoñibles en cada un dos cursos.
Descargar todas as imaxes