martes, 7 out 2008
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, presentou hoxe o Plan Saúde, unha serie de actividades que se desenvolverán nos nove distritos da cidade durante este 2008 e ao longo do próximo ano para potenciar os hábitos de vida saudables entre a poboación viguesa de todas as idades.
martes, 7 out 2008
A Concellería de Igualdade organiza unha nova edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2", e as persoas interesadas en participar nos cursos gratuitos que oferta poden facer a inscrición dende o venres, 10 de outubro, segundo anunciou este martes a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
martes, 7 out 2008
Do 10 de outubro ao 2 de novembro a Ría de Vigo acollerá a Semana do Atlántico 2008, na que a vela é a principal protagonista. En total, máis dun milleiro de barcos procedentes de diversos lugares do mundo navegarán pola ría viguesa, de xeito que a cidade volverá a ser o punto de referenza a nivel internacional da vela lixeira, segundo salientaron este martes o tenente de alcalde, Santi Domínguez e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
martes, 7 out 2008
‘Xentes, espazos e lugares’ é un curso que se celebrará do 4 de novembro de 2008 ao 23 de maio de 2009, organizado conxuntamente polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e o MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, que se enmarca no convenio de colaboración asinado pola Delegación do COAG en Vigo e a Fundación MARCO.