Escoitar

Inicio da programación didáctica 2008-2009 no MARCO

Neste inicio do mes de outubro dá comezo no MARCO a programación de actividades didácticas desta nova tempada 2008-2009, organizada polo departamento educativo, e que inclúe tanto os programas de fin de semana para familias como a programación de visitas e obradoiros para escolares.

luns, 6 out 2008
As actividades entre os meses de outubro e decembro 2008 xiran ao redor da exposición recentemente inaugurada, ‘A GRANDE TRANSFORMACIÓN. Arte e maxia táctica’. Paralelamente a esta mostra, o departamento educativo do MARCO ofrece unha programación dirixida a escolares e familias. ‘A VIAXE MÁXICA’ é o nome xenérico deste programa de actividades, visitas e obradoiros, que pretende achegar a escolares e público familiar a idea do obxecto artístico como algo máxico, que a través do contacto directo causa un efecto e inspira beleza, respecto, sorpresa ou admiración. Esta viaxe á arte desvela os segredos da súa maxia a través da comprensión dos medios, materiais e procesos que os artistas utilizan para crear esa ilusión, esa grande transformación.

‘A VIAXE MÁXICA’

Visitas e obradoiros para escolares
Para grupos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato
Do 7 de outubro 2008 ao 11 de xaneiro 2009
Martes, mércores, xoves e venres de 10.30 a 13.30
Previa cita nos tel. 986 113900/11

Obradoiros infantís para familias
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
Do 3 de outubro 2008 ao 11 de xaneiro 2009
Venres de 18.00 a 20.00, sábados e domingos de 12.00 a 14.00
Entrada libre e gratuíta