venres, 10 out 2008
O alcalde explicou que dúas empresas presentaron as propostas de retirada dos deterxentes restantes na nave, operación que costará uns 300.000 euros e durará dous ou tres meses, e sobre a que se tomará unha decisión o próximo luns. Ambas empresas se mostraron de acordo na necesidade de demoler todo o forxado da primeira planta para asegurar a zona antes da retirada dos produtos.
venres, 10 out 2008
O IFEVI acollerá os días 18 e 19 de outubro "Stockaxe", a primeira feira de liquicacións de stocks do comercio vigués, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez. "É unha boa forma de axudar ao comercios nestes momentos de crise, e paliar os efectos dunha temporada de verán regular tirando a mala", salientou o tenente de alcalde na presentación do evento, na que tamén participou a presidenta da Federación do Comercio de Vigo (FECOVI), Encarna Álvarez.
venres, 10 out 2008
Abel Caballero se entrevistou este venres con Roberto Eduardo Gudiño, o novo Cónsul da República Arxentina para Galicia, Asturias e Castilla León, con sede en Vigo. Gudiño plantexou as campañas de divulgación comercial de empresas arxentinas que levarán a cabo en Vigo, e invitou ao alcalde a viaxar a Arxentina o próximo mes de novembro.
venres, 10 out 2008
A Concellería de Educación oferta un programa educativo de narración musical co nome " O rodaballo con botas" pensado para o alumnado de 4,5 e 6 de Primaria, e que ven de presentar a concelleira , Laura López Atrio. A actividades desenvolverase os días 21 e 22 de outubro no auditorio do Centro Cultural Caixanova.
venres, 10 out 2008
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres o incremento de participantes na nova temporada do programa de competicións deportivas non federadas de fútbol 7, futbol sala e baloncesto "Vigo en xogo". Así, na presentación do programa, na que tamén participou presidente da Agrupación Deportiva de Vigo, Alejandro Costas, o edil nacionalista sinalou que se pasará de 315 equipos na convocatoria pasada a 320 equipos na edición correspondente a 2008-2009.<br />