A Concellería de Cultura convoca o primeiro Premio Pacheco- Prósperi de ensaio, dotado con 11.000 euros <br />
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves a convocatoria do primeiro Premio Pacheco-Prósperi de Ensaio, dotado con 11.000 euros e enmarcado nas actuacións que se están a desenvolver para acadar a posta en valor do arquivo. "Coa convocatoria deste premio estamos a cumprir cunha das obrigas adquridas polo Concello de Vigo no momento da súa adquisición", salientou o edil.
Na presentación da convocatoria, na que tamén participou o coordinador do Arquivo Pacheco, Vítor Vaqueiro, o concelleiro nacionalista lembrou que dende a súa adquisición no ano 1991, "o abandono e deterioro deste arquivo é claramente constatábel, cunha evidente responsabilidade dos distintos gobernos municipais, e que rematou co seu peche en abril do 2007 polo anterior goberno municipal do PP". Neste sentido, salientou que é obxectivo "fundamental" da actual Concellería de Cultura a posta en valor deste arquivo, á que quere contribuir a convocatoria do premio.
Os participantes no primeiro Premio Pacheco- Prósperi de ensaio poden presentar os seus traballos, por quintuplicado e baixo plica, antes das 15 horas do 30 de xuño de 2009 na Concellería de Cultura do Concello de Vigo. Os traballos, inéditos e realizados en lingua galega, deberán desenvolver un ensaio fotográfico nas liñas histórica ou crítica e a lingua nunha extensión comprendida entre os 250.000 e os 300.000 caracteres, aínda que deberá presentarse precedido cun resumo deextensión máxima de 5.000 caracteres. O xurado estará composto por persoas de recoñecida competencia no campo da fotografía e da imaxe e fará público o seu fallo o día 30 de setembro do 2009.
O concelleiro de Cultura salientou que Vigo conta cun dos arquivos máis importantes do Estado, tanto pola súa gran calidade estética como polo seu excepcional valor documental. Así, explicou que para polo en valor dende a Concellería de Cultura estanse dando diversos pasos, como o reinicio dos traballos básicos de catalogación e conservación e a posibilidade de consulta dos fondos por parte dos investigadores; a elaboración dun "máis que necesario" Plan Director que camiñe cara a musealización do Arquivo, e no que se establezan as liñas básicas de actuación, os obxectivos, as metodoloxías e as necesidades de recursos; e a posta en marcha de exposicións e programas como o "Espello da memoria", que trata de dar a coñecer o noso patrimonio fotográfico.
O edil agradeceu ao actual coordinador do Arquivo, Vítor Vaqueiro, o traballo que está a realizar. Vaqueiro, pola súa banda, agradeceu á actual corporación municipal e en particular a Xesus López, o interese amosado dende o primeiro momento para a recuperación do arquivo. "Aínda que deberíamos estar convocando a 17 edición do premio e non a primeira, quero felicitar ao concelleiro de Cultura polo feito de que por primeira vez se cumpra o compromiso do Concello de Vigo na adquisición do Arquivo Pacheco no ano 1991", manifestou o coordinador do arquivo.
Descargar todas as imaxes