mércores, 8 out 2008
O alcalde confirmou hoxe mércores, tal e como adiantara o pasado luns, que o arquitecto encargado de deseñar a nova estación intermodal de Urzáiz será o americano Thom Mayne, galardoado en 2005 co máximo recoñecemento da arquitectura, o Premio Pritzker. Abel Caballero avanzou que, "en mes e medio", Mayne visitará Vigo cun proxecto previo elaborado.
mércores, 8 out 2008
A oferta formativa que desenvolverán as vogalías da muller das asociacións veciñais de Vigo incluirá tamén un cursos dirixido a homes e mulleres, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso. Segundo a edil do BNG, o departamento que dirixe quere "dar un paso máis" no traballo que se leva a cabo para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.<br />
mércores, 8 out 2008
Abel Caballero viaxa mañá xoves á cidade italiana para participar ata o próximo venres na Conferencia Internacional "Cidades Competitivas e Cambio Climático", un foro organizado pola Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OECD), que debatirá sobre a sustentabilidade local sen perder competitividade nin calidade de vida. <br />
mércores, 8 out 2008
O xoves día 9 no Puntoxove pase da "Expedición feminina a Cordilleira dos Andes" que dentro do Espazo Proxecta poderá verse todos os xoves de outubro as 18:30 hs. Imaxes da aventura que Olivia Vidal, Teresa García e Concepción Barciela viviron en 2007 co obxectivo de alcanzar os cumios dos volcáns San José e Ojos del Salado ( o volcán máis alto do mundo).
ANUNCIO MOBILIDADE E SEGURIDADE<br />
mércores, 8 out 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Cean, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 09 de outubro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.