A estación viguesa da Alta Velocidade será obra do prestixioso arquitecto Thom Mayne
O alcalde confirmou hoxe mércores, tal e como adiantara o pasado luns, que o arquitecto encargado de deseñar a nova estación intermodal de Urzáiz será o americano Thom Mayne, galardoado en 2005 co máximo recoñecemento da arquitectura, o Premio Pritzker. Abel Caballero avanzou que, "en mes e medio", Mayne visitará Vigo cun proxecto previo elaborado.
O recoñecido arquitecto estadounidense Thom Mayne será o encargado da edificación da nova estación intermodal de Urzáiz, que acollerá a chegada á cidade da Alta Velocidade.
Así o confirmou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa, antes da súa partida a Madrid para reunirse co propio Mayne e con representantes da empresa Vialia, que construirá a estación. O arquitecto, segundo adiantou o rexedor vigués, visitará a cidade "en mes, mes e medio" cun proxecto previo elaborado.
Thom Mayne foi galardoado en 2005 co premio máis prestixioso do mundo da arquitectura, o Pritzker, e conta con obra relevante en "practicamente todo o mundo", explicou o alcalde. Aínda que se barallaron distintos nomes, o Concello e Vialia acordaron finalmente encargar a Mayne o proxecto polo seu estilo "modernista e de vangarda" en todos os seus traballos.
O obxectivo da designación é que "Vigo se converta nunha das cidades de referencia arquitectónica de Europa", finalidade á que o nome de Mayne se suma aos de Moneo (quen está a preparar un proxecto de reordenación do entorno da Praza do Rei), César Portela (deseñador do novo Peinador e do Auditorio Pazo de Congresos) e de Jean Nouvel (gañador do concurso para o novo Porto de Vigo).
A cidade, indicou Abel Caballero, merece a "ambición arquitectónica" de contar con prestixiosas figuras como Mayne, un esforzo polo que o alcalde mostrou a súa satisfacción.
Descargar todas as imaxes