Escoitar

Os arquitectos do Auditorio entregaron no Concello o proxecto executivo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, recibiron este martes de mans do equipo de arquitectos que dirixe César Portela o proxecto executivo do futuro Auditorio que se está a construir no solar de Casa Mar. Con esta entrega rematan os trámites administrativos e comezará a cimentación da instalación.

martes, 7 out 2008
1223387261proauditorio.jpg
O equipo de arquitectos do estudo de César Portela fixeron entrega este martes no Concello de Vigo do proxecto executivo do Auditorio de Vigo que se está a construír no solar de Casa Mar.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de recibir no seu despacho o proxecto que finaliza os trámites administrativos da construción. O Auditorio, en proceso de desterro, poderá agora comezar a cimentación.
Descargar todas as imaxes