Chus Lago presenta o " Plan Saúde" para chegar á poboación hábitos de vida saudables
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, presentou hoxe o Plan Saúde, unha serie de actividades que se desenvolverán nos nove distritos da cidade durante este 2008 e ao longo do próximo ano para potenciar os hábitos de vida saudables entre a poboación viguesa de todas as idades.
Algunhas das accións que desenvolve a Concellería no marco do Plan Saúde son as sesións semanais de Tai Chi, ximnasia de mantemento, pilates e cachibol que xa están a ter lugar en nove Asociacións repartidas pola cidade. Ademais, esta semana se inician as camiñadas programadas desde o Monte do Castro e Castrelos dous días por semana e a supervisión por parte dun experto das actividades que realizan os usuarios dos parques biosaudables de Castelao e Areal. Tamén se instalarán próximamente varios postos de medición da saúde guiados por seis licenciados en Educación Física e se elaborará un mapa da cidade con rutas urbanas que incluirán a distancia, o nivel de intensidade e dificultade e as calorías aproximadas consumidas e que se porá a disposición dos cidadáns.
"Os obxectivos do Plan Saúde", explica a socialista Chus Lago, "son promocionar un modelo de cidade comprometida coa saúde; potenciar, impulsar e difundir o concepto de saúde e calidade de vida sustentada na realización de estilos de vida saudables en toda a cidadanía; e promover a responsabilidade e a participación individual e colectiva da poboación na súa propia saúde".
O Plan Saúde conta con 60.000 euros de investimento para o que resta de 2008, partida que se prolongará no vindeiro ano, e pretende a mellora da saúde dos cidadáns con accións que incentivan o cambio cara á actividade física mantida, o abandono do tabaco e do alcol e a promoción dunha alimentación saudable e equilibrada.
Chus Lago estima que unhas 300 persoas participarán nas actividades cada semana. É ademais un obxectivo primordial do Plan Saúde da Concellería de Sanidade fomentar a participación intersectorial e apoiar aos servizos de saúde e de educación ofrecendo colaboración e poñendo ao seu alcance todos os medios dos que se dispoñan para facilitar a promoción de hábitos de vida saudables.
Os programas
Actividade física saudable, que impartirá ata o 12 de decembro unha ou dúas sesións semanais de unha hora de duración nos diferentes espazos facilitados por nove Asociacións de toda a cidade (AVV de Coruxo, AVV do Calvario, AVV de Teis, Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán, AVV Praza da Miñoca, AVV "A Unión" de Matamá, AVV "O Carballo" de Sárdoma, AVCR San Mamede de Zamáns e a Asociación ANHIDA). Estas actividades, que se efectuarán noutras sedes da cidade no 2009, pretenden aportar á poboación as bases para achegarse ao coidado do corpo e á obtención de hábitos saudables. O abano de actividade ofertada son Tai Chi, ximnasia de mantemento, Pilates e Cachibol.
Camiñadas, de trinta minutos de duración, polo Monte do Castro (dous días á semana -martes e xoves- con saída ás 19,00 horas fronte á Praza do Rei) e desde Castrelos, a través do camiño que bordea ó río Lagares (dous días á semana -luns e mércores- con saída ás 19,00 horas dende o parque infantil, fronte ao lago). Estas camiñadas están dirixidas por un monitor/a, que levará a cabo un quecemento previo de uns dez minutos e unha sesión final de estiramentos de quince minutos, sendo a duración total da sesión dunha hora aproximadamente. Os asistentes poden ser de calquera idade e contarase con material de apoio (podómetros) para facer un seguimento das distancias e calorías consumidas, relacionando finalmente estas variables coa mellora da saúde.
Supervisión de espazos biosaudables para maiores, no que un técnico asesorará aos diferentes usuarios dos parques biosaudables do Areal e da Avenida de Castelao -Parque do Emigrante- durante dous días á semana en cada un deles. Esta actividade levarase a cabo os luns e mércores no parque do Areal e os martes e xoves no de Castelao, sempre de 17,30 a 18,30 horas. O técnico poderá aportar información sobre o tipo de exercicio máis adecuado a levar a cabo nas diferentes estacións habilitadas, rutinas, frecuencia e intensidade de traballo, e calquera dúbida plantexada polos propios usuarios dos parques.
Zona de promoción de hábitos de vida saudable: un espazo especialmente habilitado polo Concello de Vigo no que se instalarán varios postos de medición de parámetros de saúde (tensión arterial, peso, talla, cálculo de Índice de Masa Corporal, medida do perímetro abdominal, etc), nos que seis técnicos Licenciados en Educación Física guiarán en cada medición a todos aqueles vigueses que se acheguen a esta zona e relacionarán os datos obtidos coa mellora das capacidades físicas e de saúde en cada un deles. Esta instalación está previsto que se manteña durante tres días consecutivos e en horario de mañá e tarde, facilitando que persoas con diferentes horarios poidan achegarse e levar a cabo as medicións.
Elaboración dun mapa da cidade con propostas de rutas urbanas de diferentes dificultades accesibles para o público en xeral. Os mapas, que estarán dispoñibles na web municipal ademais da impresión dunha tirada física, recollerán información gráfica cos perfís das rutas, as distancias de cada unha delas, as calorías aproximadas consumidas, os niveis de intensidade e dificultade, e calquera outra que se estime aconsellable. O obxectivo da elaboración destas rutas é dotar de información aos vigueses para que poidan levar a cabo exercicio regular dentro do seu entorno e na súa vida cotiá. Fomentar a execución en grupo destas rutas é outro dos obxectivos plantexados con esta medida.
Descargar todas as imaxes