O Concello solicitará ao INEGA subvencións para adoptar medidas de aforro enerxético en Vigo
A Xunta de Goberno Local aprobou esta proposta, á iniciativa da Concellería de Medioambiente, que prevé a instalación de melloras na iluminación no Parque Central do Concello e na estrada vella de Madrid con sistemas de baixo consumo. O alcalde, Abel Caballero, deu conta este mérocres desta "batería de actuacións de aforro enerxético" aprobada polo goberno local.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa de que o Concello, á proposta da Concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago, solicitará ao Instituto Galego de Enerxía, o INEGA, unha subvención para afrontar unha "batería de actuacións de aforro enerxético" na cidade de Vigo.
Así o explicou o rexedor vigués, que detallou que a intención do Concello, tal e como se aprobou onte martes pola Xunta de Goberno Local, é mellorar a iluminación do Parque Central do Concello e da estrada vella de Madrid coa instalación de sistemas de baixo consumo.
Ademais, se prevé no Parque a instauración de paneis solares, outro sistema térmico enerxéticamente máis eficiente, e tamén a substitución de diversos puntos de luz na cidade por outros de baixo consumo que aforren enerxía.
Por outra banda, Abel Caballero indicou que o goberno "segue a cubrir deficiencias existentes no saneamento", pois a Xunta de Goberno Local aprobou conectar o sistema de depuración da perrera municipal ao sistema de saneamento, algo que non se tiña feito ata a fecha.
Descargar todas as imaxes