Escoitar

Curso sobre "Mediación Social Intercultural"

A Oficina de Inmigración do Concello organiza un curso básico de "Mediacion Social Intercultural" dirixido a persoas tanto estranxeiras como locais, empadronadas en Vigo, que queiran tomar contacto coa realidade local e mediar no proceso de integración entre a sociedade de acollida e os novos/as vigueses e viguesas.

xoves, 9 out 2008
1223553430intercultural.jpg
Obxectivo do curso:
-Coñecemento dos fundamentos xerais da mediación (teórico-conceptuais, históricos, metodológicos, técnicos, éticos).
-Coñecemento das particularidades da mediación social intercultural para a adquisición das capacidades e habilidades necesarias para a súa aplicación.

Consta de dous bloques:
20 horas presenciales
62 horas practicas

Datas do curso:

Presenciales
24 de outubro das 16:30 ás 20:30 horas
25 de outubro das 10:00 ás 19:00 horas
28 de novembro das 16:30 ás 20:30 horas
29 de novembro das 10:00 ás 19:00 horas

Lugar de realización : a determinar

Prácticas
3 horas diarias de luns a venres do 27 de outubro ao 27 de novembro.

Prazo de solicitude:
Do 13 ao 17 de outubro no REXISTRO DO CONCELLO DE VIGO

Documentación a presentar:
Volante de empadronamiento (de Vigo), Certificado de coñecemento de idiomas, Títulos formativos nacionais ou estranxeiros, certificado da asociación en caso de formar parte da xunta directiva, carnet de asociación ou colexio profesional, acreditación documental da experiencia profesional no seu caso.

O Concello de Vigo expedirá un certificado académico de asistencia e aprovechamiento do curso en función dos resultados obtidos.

Para calquera aclaración no teléfono 986 44 23 56 de 09.00 a 13.00 horas
Descargar todas as imaxes