O Plan Local de Drogas celebra diversos actos ao longo de outubro con motivo do Día Mundial da Saúde Mental
Con motivo da celebración do día Mundial da Saúde Mental mañá 10 de outubro, o Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), dependente da Concellería de Benestar Social, así como outras asociacións que traballan na área da saúde mental, desenvolverán diversos actos ao longo deste mes de outubro. Nunha carta conxunta, a concelleira de Benestar Social do Concello de Vigo, María Méndez, o responsable de Saúde Mental do área sanitaria de Vigo, Javier Pérez Montoto, e o director do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións, Francisco Otero Lamas, instan á cidadanía viguesa a participar nas actividades planificadas.
Lembran que o día Mundial da Saúde Mental este ano ten o lema "Convertindo a saúde mental nunha prioridade global – Mellorando os servizos a través da reivindicación e a acción cidadá", co obxectivo de facer da saúde mental unha prioridade. Así, mañá venres, 10 de outubro, día Mundial da Saúde Mental, comezarán os actos coa saída/excursión ao Casco Vello e ao Centro Comercial A Laxe organizada polos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres, que se desenvolverá entre as 9.30 e 11.30 horas e inclúe unha visita á Concatedral de Vigo e ao centro comercial, onde serán recibidos ás 10.30 horas polo xerente do centro. Xa ás 12 horas terá lugar a visita á exposición organizada por DOA dos traballos que realizan os residentes na asociación, que terá lugar no edificio da Xunta de Galicia, na praza da Estrela. Ademais, durante todo o día de mañá a asociación DOA terá instalado un estand informativo e de venda de produtos artesanais na entrada principal de El Corte Inglés e no Concello de Cangas.
O sábado, 11 de outubro, na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e de 10 a 17 horas desenvolverase a IV Xornada de Encontro FEAFES GALICIA 2008, baixo o título "As familias como motor de cambio na saúde mental". O domingo 12 de outubro, ás 10.30 horas celebrarase a inauguración da exposición de fotografía e traballos artesanais realizados polos residentes dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, nas propias instalacións. O vindeiro martes, 14 de outubro, tamén nos locais dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, terá lugar ás 11 horas unha charla conferencia baixo o título "Saúde mental e a visión global", a cargo do doctor Juan José González Pérez, médico de POVISA.
Finalmente, o venres 24 de outubro, ás 20 horas, a Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova acollerá un acto de homenaxe ao psiquiatra Xosé Teijeiro Rois, que consistirá na lectura dunha das súas últimas obras titulada "Doctor, por favor, máteme dulcemente", organizado por Cedro e o grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións "IMAN".
A concelleira de Benestar Social, o responsable de Saúde Mental do área sanitaria de Vigo e o director do Plan Local de Drogas animan, ademais, á cidadanía a unir os seus esforzos para incrementar a conciencia pública e a aceptación da enfermedade mental e as persoas que viven con estes trastornos; promover políticas públicas e mellorar os servicios de diagnóstico e tratamento integral e individualizado; e reducir o estigma e a discriminación persistentes que frecuentemente actúan como barreiras para as persoas que buscan os servizos e apoios disponibles para elo, entre outros obxectivos.