Escoitar

Educación organiza o programa de narración musical " O rodaballo con botas"

A Concellería de Educación oferta un programa educativo de narración musical co nome " O rodaballo con botas" pensado para o alumnado de 4,5 e 6 de Primaria, e que ven de presentar a concelleira , Laura López Atrio. A actividades desenvolverase os días 21 e 22 de outubro no auditorio do Centro Cultural Caixanova.

venres, 10 out 2008
1223641230botas.jpg
"O rodaballo con botas" é unha narración musical que conxuga dúas das expresións con máis apego na nosa cultura: os contos e os cantares, que durante moitos anos sobreviviron ao paso do tempo gracas á difusión polos canles de transmisión oral. O rodaballo con botas é o resultado da adaptación ao galego e unha deslocalización cultural de O gato con botas; conto de Charles Perrault, recollido na colección Contos de mamá Oca e publicado en 1697.

A música, interpretada polo grupo vocal Campus Stellae, ocupa un espazo destacado no fío condutor da historia, incorporando algunhas das pezas máis representativas da nosa música popular.

O conto é, dentro da literatura infantil, unha ferramenta de traballo cunha capacidade educativa e pedagóxica extraordinaria. Amais da beleza literaria, o desfrute persoal ou a estimulación da imaxinación e a sensibilidade, o conto é expresión primordial no proceso de desenvolvemento integral dos rapaces.
1223641230botas.jpg
1223641380PA100001.JPG
Descargar todas as imaxes