Xabier Alonso salienta o incremento de participantes no programa "Vigo en xogo" 2008-2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou este venres o incremento de participantes na nova temporada do programa de competicións deportivas non federadas de fútbol 7, futbol sala e baloncesto "Vigo en xogo". Así, na presentación do programa, na que tamén participou presidente da Agrupación Deportiva de Vigo, Alejandro Costas, o edil nacionalista sinalou que se pasará de 315 equipos na convocatoria pasada a 320 equipos na edición correspondente a 2008-2009.<br />
"Vigo é das cidades que máis deportistas non federados move", salientou Xabier Alonso, polo que asegurou que dende a Concellería de Deportes "seguirase apoiando para que vaia a máis". Neste sentido indicou que dende o BNG considérase que hai que potenciar esta opción de "deporte de lecer e recreativo". O concelleiro de Deportes explicou que o comezo desta temporada será o 11 de outubro e se desenvolverá ata o 7 de xuño, e durante este período arredor de 4.800 deportistas pertencentes a 320 equipos participarán na competición. Así, 167 equipos corresponden a fútbol 7, 121 a fútbol sala e 32 a baloncesto.
O concelleiro de Deportes sinalou que ao longo da temporada empregaranse diversas instalacións deportivas, como os pavillóns das Travesas, Balaídos, Bembrive, Monte da Mina, Calvario, Teis, Berbés, Sárdoma, así como os campos de fútbol de Travesas, Samil, Universidade de Vigo, Sárdoma, Alcabre e Candeán, entre outros. "Estou seguro que un ano máis "Vigo en xogo" será un éxito", subliñou o edil nacionalista.
Descargar todas as imaxes