O Concello encargará a demolición da primeira planta da nave do Gorxal para retirar os deterxentes
O alcalde explicou que dúas empresas presentaron as propostas de retirada dos deterxentes restantes na nave, operación que costará uns 300.000 euros e durará dous ou tres meses, e sobre a que se tomará unha decisión o próximo luns. Ambas empresas se mostraron de acordo na necesidade de demoler todo o forxado da primeira planta para asegurar a zona antes da retirada dos produtos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este venres as novidades no proceso de limpeza, encargado polo Concello, dos deterxentes que restan na nave calcinada no polígono de O Gorxal.
O alcalde indicou que xa se recibiron as propostas de dúas empresas para a retirada dos residuos e ambas coinciden na necesidade de demoler a primeira planta da nave como paso previo á limpeza dos deterxentes. Segundo explicou Abel Caballero, a limpeza durará entre dous e tres meses e terá un custo aproximado de 300.000 euros.
Os técnicos de Medioambiente da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo están a estudar ambas propostas e tomarán unha decisión o vindeiro luns. Unha vez adoptada, se contratará o servizo e se solicitará á xuíza o permiso para proceder, avanzou o alcalde. Cando se retiren todos os residuos, serán os propietarios os que teñan que correr cos custos e co procedemento do derribo definitivo da nave.
"Convén acelerar"
O alcalde explicou que o sistema provisional instalado nas proximidades da nave para evitar que os deterxentes cheguen ao Lagares coas chuvias está a funcionar, aínda que "non hai que tentar á sorte".
Por iso, Abel Caballero explicou que "convén acelerar" o procedemento de retirada e limpeza da nave, a pesar de que o sistema aguantou as chuvias torrenciais dos días pasados.
Descargar todas as imaxes