Escoitar
Dirección de Ingresos

Aprobación provisional das modificacións das Ordenanzas fiscais

<br />

venres, 10 out 2008
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 29 de setembro de 2008, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

1)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Xeral. (1)
2)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles. (2)
3)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica. (3)
4)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas. (4)
5)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. (6)
6)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos Documentos que expida ou de que entenda a Administración do Concello ou a dos seus Organismos Autónomos a instancia de parte. (10)
7)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas relativas ó servicio de Transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de abono). (11)
8)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios especiais por Espectáculos e Transportes. (12)
9)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de Prevención e Extinción de Incendios, prevención de ruinas de construccións, salvamentos e outros análogos. (13)
10)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos Dereitos ou Taxas pola prestación dos Servicios dos Cemiterios Municipais. (14)
11)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos. (15)
12)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola recollida do lixo. (16)
13)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Inspección Sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza. (18)
14)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación dos Servicios de Sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo. (19)
15)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas septicas, solares, e servicios similares así como a recepción de residuos na pranta de transferencia. (20)
16)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de Axuda no Fogar prestado polo departamento de Benestar Social. (21)
17)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio das escolas de 1ª etapa de educación infantil. (23)
18)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por Aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local. (30)
19)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por Aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de Quioscos. (31)
20)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas por aproveitamentos especiais con instalación de postos de venda na vía pública e, en xeral en bens de dominio público municipal, autorizados ao amparo da Ordenanza Reguladora da Venda na Vía Pública e Espacios Abertos. (32).
21)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por aproveitamento especial da vía pública con Estacionamento de Vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais. (34)
22)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de Licenzas para Construccións, Obras e Instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola Administración do Concello. (50)
23)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas por Licenzas de Actividades e Instalacións. (51)
24)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios que presta o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu Parque Zoolóxico. (53)
25)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Subministración de Auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. (60)
26)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola prestación de Ensinanzas Especiais e outras actividades en establecementos municipais. (40)
27)Aprobación provisional da modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos por utilización das Instalacións Deportivas Municipais, pertecentes o "Instituto Municipal dos Deportes. (52)


Os expedientes están na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no BOP nº 191 de data 2 de outubro de 2008, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamacións e suxestións ós acordos de aprobación provisional de conformidade cos artigos 17 do R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.