A concelleira de Igualdade garante que nengunha muller ten quedado sen atención tras o peche da Casa de Acollida
A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, asegurou este xoves que nengunha das mulleres vítimas de malos tratos que solicitaron axuda ao Concello de Vigo quedaron sen cobertura tras o peche da Casa de Acollida. Deste xeito, a edil do BNG aclarou as manifestacións recollidas na prensa ao respecto e asegurou que "é falso que haxa mulleres que solicitaran atención e non a recibiran".
"A día de hoxe, calquera muller que vén ao Concello a solicitar axuda, dispón da atención que precisa", salientou Iolanda Veloso, quen sinalou que aínda que a Casa de Acollida pechou o 30 de xuño, a Concellería de Igualdade dispón doutros recursos, que se utilizan en función das características de cada muller que os solicita, como son os convenios con hostais ou residencias, e que están en coñecemento das forzas de seguridade da Policía Local, a Policía Autonómica e a Policía Nacional. "Xa hai mulleres que están utilizando estes recursos, pero o que non vou facer é dicir o enderezo dos hostais, as residencias ou os pisos, por puro exercizo de responsabilidade, algo que outras parecen non ter", sinalou.
A concelleira de Igualdade acusou a Corina Porro de utilizar un tema tan serio como os malos tratos para facer "demagoxia e política do peor xeito posible". Segundo subliñou, dende lgualdade "non pretendemos saír na foto como salvadoras das mulleres vítimas dos malos tratos nen utilizaremos os sectores máis desfavorecidos para facer política como xa facía Corina Porro cando era conselleira". "En política non todo vale", sinalou. Neste sentido, lembrou que foi a propia Corina Porro, sendo alcaldesa, quen se opuxo a que a Rede Veciñal contra os malos tratos recibira unha distinción por parte do Concello de Vigo.
"Hai que deixar moi claro que o Centro de Emerxencia e os tres pisos que formarán a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero se adaptarán moito mellor ás necesidades desta cidade", subliñou Iolanda Veloso, quen reiterou que cando se fala de mulleres vítimas de malos tratos "non valen as mentiras".
Iolanda Veloso explicou que nas iniciativas coas mulleres vítimas dos malos tratos, a Concellería de Igualdade desenvolvía o seu traballo tamén mediante un convenio coa Deputación de Pontevedra para que mulleres de toda a provincia puidesen utilizar as instalacións de Vigo e coa Xunta de Galiza. Iolanda Veloso explicou que a ámbalas dúas administración se lles comunicou o cambio de funcionamento do servizo. Pero, mentres coa Xunta xa se está traballando nun novo convenio, da Deputación aínda non se obtivo resposta.
Ao respecto, e posto que os traslados son habituais por motivos de seguridade, a concelleira de Igualdade se preguntaba se a aportación de 50.000 euros que a Deputación de Pontevedra fará a Alecrín suporán o cese da colaboración co Concello de Vigo, de xeito que as mulleres do resto da provincia non se poderán beneficiar da rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero que funcione en Vigo. "Podemos entender que a Deputación non considera necesario un Centro de Emerxencia para as mulleres vítimas de malos tratos da provincia de Pontevedra", indicou.
Iolanda Veloso subliñou que o Concello ten a obriga de tratar os casos de mulleres vítimas de violencia de xénero con absoluta confidencialidade, polo que non facilitará nengún tipo de enderezos dos espazos que se utilizan para acoller ás mulleres. "Con que as forzas de seguridade saiban onde teñen que trasladar ás mulleres, abonda", reiterou. Pero asegurou que tampouco comentará nengún tipo de información que as propias mulleres fagan sobre a súa vida. Porén si asegurou que todas as mulleres que soliciten axuda "teñen garantido o seu aloxamento" porque a Casa de Acollida non é o único recurso do que dispón o Concello" e porque este recurso foi pechado unha vez que se tivo solucionado cada caso concreto das mulleres alí aloxadas. Neste sentido lembrou que o único criterio para entrar no futuro Centro de Emerxencia é o de ser vítima de malos tratos e que disporá da vantaxe fronte á Casa de Acollida de que as mulleres poderán ingresar nel sen precisar presentar a denuncia; polo contrario, sinalou a concelleira, poderán presentar a denuncia o día seguinte a ingresar no centro.
A concelleira de Igualdade indicou que a Casa de Acollida levaba en funcionamento 17 anos, tempo no que as cuestións relacionadas coa violencia de xénero "teñen mudado moito". Polo que ao seu xuízo, "se en 17 anos non se poden modificar os servizos que ofrece o Concello, pouco eficaces serán". Ademais, Iolanda Veloso indicou que a apertura prevista para o mes de setembro do Centro de Emerxencia representa unha novidade en Galiza, pero non no resto do Estado, xa que se están poñendo en funcionamento os denominados pisos de saída.
Descargar todas as imaxes